Friday 03 de May de 2024

Centos de veciños e veciñas encheron a alameda na masterclass de zumba


 

Centos de veciños e veciñas de Noia participaron na masterclass de zumba organizada polo Concello de Noia, en colaboración con Zumba Noia, que tivo lugar na tarde/noite de onte domingo na alameda. Durante hora e media, veciños e veciñas de todas as idades e condicións físicas desfrutaron da música e do baile proposto dende o escenario instalado diante da Casa do Concello.

Sobre el dirixiron a masterclass monitores como Luís González Blanco, Luísa Arufe Salazar ou Seluco Fernández, coñecido polas súas colaboracións en TVE. Ao acto asistiron o alcalde de Noia, Santiago Freire, e a concelleira de Deportes, Laura Salgado, que mesmo se sumou durante un tempo á masterclass.